lunes, 10 de septiembre de 2012

Arranca a Liga con derrota no último suspiro en Valadouro

O Sporting Pontenova disputou o seu primeiro partido de Liga o pasado sábado no campo do Valadouro, un dos recén descendidos e favoritos da categoría. A pesar de ser, sobre o papel, o equipo inferior, os de Moirón plantaron cara en todo momento e foron capaces de adiantarse no marcador gracias a un tanto de Fran de penalty. Os locais repuxéronse e conseguiron darlle a volta ó marcador, pero Puente volveu a poñer a igualada no segundo tempo. E cando todo apuntaba ó empate, no minuto 95 os de Moirón recibiron un auténtico xarro de auga fría co 3-2 para os locais, de falta directa e sen tempo para a reacción.

No hay comentarios: