martes, 14 de agosto de 2012

Estrea con empate ante o Pol na Mina

O pasado domingo produciuse o debut do primeiro equipo do Sporting, coa presentación na Mina diante do Pol. O resultado, o de menos neste tipo de partidos, foi de empate a un tanto. Adiantáronse os visitantes na primeira parte e Catalin conseguiu a igualada mediado o segundo tempo. Hai que destacar a estrea de varias das fichaxes, como Roberto, Javi Goá, Murias, Noé ou as dúas últimas en chegar: Venancio, procedente do Riotorto, e Borja Logares, central que levaba varios anos parado. Nas gradas, bo ambiente para comezar a pretemporada. O próximo compromiso, o viernes ás 21:30 ante o Mondoñedo, tamén no Campo da Mina.

No hay comentarios: