lunes, 27 de agosto de 2012

Para seguir medrando xuntos... Necesitámoste!


jueves, 23 de agosto de 2012

III Supercopa do Pincheo


miércoles, 22 de agosto de 2012

Resultados pretemporada

O primeiro equipo do Sporting Pontenova disputou pasado fin de semana dous novos amigables de preparación. O do venres, na Mina ante o Mondoñedo, saldouse cun empate a dous goles gracias ós tantos de Fran e Carlos. 
No segundo, disputado o domingo en Rioaveso ante o equipo local, o marcador foi de 1-0. Os de Moirón deixaron en xeral boas sensacións, sobretodo no segundo partido, disputado ante un rival de categoría superior.
O seguinte partido será o próximo xoves 30, nunha das citas que se está convertindo nun clásico do verán. Será na Mina, ás 21:30, ante o combinado local da Pachanga.

martes, 14 de agosto de 2012

Estrea con empate ante o Pol na Mina

O pasado domingo produciuse o debut do primeiro equipo do Sporting, coa presentación na Mina diante do Pol. O resultado, o de menos neste tipo de partidos, foi de empate a un tanto. Adiantáronse os visitantes na primeira parte e Catalin conseguiu a igualada mediado o segundo tempo. Hai que destacar a estrea de varias das fichaxes, como Roberto, Javi Goá, Murias, Noé ou as dúas últimas en chegar: Venancio, procedente do Riotorto, e Borja Logares, central que levaba varios anos parado. Nas gradas, bo ambiente para comezar a pretemporada. O próximo compromiso, o viernes ás 21:30 ante o Mondoñedo, tamén no Campo da Mina.

miércoles, 8 de agosto de 2012

Presentación do Sporting 2012-2013


O novo Sporting Pontenova preséntase o vindeiro domingo no Campo da Mina, ás 7 da tarde ante o Pol. Será o primeiro encontro de preparación e servirá para ver en acción as caras novas do conxunto de Moirón.