domingo, 27 de febrero de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 26 de Febreiro, 16h00
23ª Xornada
 Mpal. de Viveiro
S.D.R. Sacido 0 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Javi

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 26 de Febreiro, 15h45
18ª Xornada
 Pepe Barrera
Ribadeo F.C. 1 - 4 Sporting Pontenova
Goles: Paulo, Picota, Anxo, Diego

viernes, 25 de febrero de 2011

Dani Moirón, en El Progreso: "Estamos no bo camiño"

El triunfo por 0-2 en el campo del Galdo da vida al Pontenova en su lucha por continuar en Segunda Autonómica. El conjunto que entrena Moirón se mantiene fuera de los puestos de descenso pese al triunfo del Bonxe, que viene apretando muy fuerte. El que peor lo tiene es el Mondoñedo, que cayó a la última posición tras perder precisamente en el campo del Bonxe.
El técnico del conjunto pontenovés, Dani Moirón, considera que los tres puntos conseguidos en Galdo suponen «unha gran dose de osíxeno» para su equipo. «Agora enganchámonos a un grupo que loitará ata o final pola permanencia. A posibilidade de arrastres dende outras categorías é moi alta polo que intentaremos deixar un bo número de equipos por debaixo ó final da Liga», señaló.

jueves, 24 de febrero de 2011

2ª Autonómica: Un Sporting moi serio vence en Galdo e acércase ós postos tranquilos

Gran victoria o pasado sábado en Galdo, nun partido a priori complicado ante un rival da parte media da táboa. O Sporting chegou a terras vivarienses cunha idea moi clara, realizar un partido serio basándose sobre todo na seguridade defensiva que non mostrara no segundo tempo ante o Muimenta. E conseguiuno, pois non pasou demasiados apuros prácticamente en ningún tramo dos 90 minutos. Tampouco gozou de moitas ocasións, por iso o primeiro gol non chegou ata mediado o segundo tempo cun penalti transformado por Maketo. O segundo chegaría a falta de 10 minutos, nun centro de Jorge que, coa axuda dun defensa do Galdo, acabou dentro da portería poñendo o 0-2 definitivo. Con esta victoria, os de Moirón sitúanse a só un punto do Pol, que marca o límite coas posicións tranquilas.

martes, 22 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: Victoria "in extremis" na Mina ante o Lourenzá con doblete de Catalin

Victoria no último suspiro o pasado domingo ante o Lourenzá, equipo que precede ó Sporting na táboa. O céspede da Mina foi un dos protagonistas do encontro, pois atopábase en moi mal estado froito das intensas chuvias dese mesmo día e de días anteriores. O outro protagonista do choque foi, sen dúbida, Catalin. Logo de ser os visitantes os que se adiantaron, o punta pontenovés firmou un doblete consumando a remontada, o primeiro cun bonito disparo dende a frontal da área e o segundo de penalti nos instantes finais.

lunes, 21 de febrero de 2011

O Sporting, agora tamén en twitter

O Sporting Pontenova segue dando facilidades para seguir a súa actualidade nas redes sociais, e despois de levar máis dun ano presentes en Facebook e Tuenti, agora tamén podes seguilo en twitter. Alí, na conta @Sp_Pontenova, iremos publicando as novas referentes ó clube que vaian surxindo diariamente, así como tódolos resultados dos partidos da maneira máis rápida posible.
Podes seguirnos en: www.twitter.com/sp_pontenova

domingo, 20 de febrero de 2011

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Domingo 20 de Febreiro, 16h30
17ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 2 - 1 E.D. Lourenzá
Goles: 1-1 Catalin, 2-1 Catalin (p.)

sábado, 19 de febrero de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 19 de Febreiro, 16h15
22ª Xornada
 Trasvías
Novas Raíces de Galdo 0 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Maketo (p.), 0-2 Jorge Moirón

viernes, 18 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: Sporting Pontenova - E.D. Lourenzá

martes, 15 de febrero de 2011

2ª Autonómica: O Sporting regala 40 minutos e desperdicia un 3-0 ante o Muimenta na Mina

Dúas caras moi diferentes as mostradas polo Sporting Pontenova o pasado sábado. Volvía Garboso á Mina defendendo a camiseta do Muimenta, segundo clasificado, pero unha perfecta primeira parte dos pontenoveses fixo que no campo non se notase a distancia na táboa e ó descanso chegouse cun 2-0, con goles de Javín e Jorge, e co partido controlado ó antoxo dos gualdinegros. Á volta dos vestiarios Fran fixo o 3-0 que parecía definitivo, pero a partir dese momento unha extraña "pájara" afectou ós locais e o marcador final foi un inesperado 3-3, que incluso puido ser peor vendo as oportunidades dos visitantes nos últimos minutos.

domingo, 13 de febrero de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 12 de Febreiro, 16:45
21ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 3 - 3 S.D. Muimenta
Goles: 1-0 Javín, 2-0 Jorge Moirón, 3-0 Fran

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 12 de Febreiro, 11:30
16ª Xornada
 Municipal
C.D. Foz 2 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 1-1 Óscar Miranda

jueves, 10 de febrero de 2011

2ª Autonómica: Sporting Pontenova - S.D. Muimenta

martes, 8 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: O San Ciprián vence na Mina e deixa ó Sporting a 4 puntos do penúltimo

O Sporting Pontenova caeu por 0-2 o pasado sábado ante o segundo clasificado, o San Ciprián. Nun céspede que, dentro do malo, recuperou bastante ben logo das chuvias da anterior semana, os visitante mostráronse superiores case dende o primeiro momento e non tardaron moito en inaugurar o marcador gracias a un gol olímpico que se colou na portería de Noel, sustituto dun Marco que estará varias semanas de baixa por sanción.

domingo, 6 de febrero de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 5 de Febreiro, 16:15
20ª Xornada
 Municipal
S.D.C. Xermade 2 - 0 Sporting Pontenova

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 5 de Febreiro, 16:15
15ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 0 - 2 C.D. San Ciprián

viernes, 4 de febrero de 2011

Aut. Xuvenil: Sporting Pontenova - C.D. San Ciprián

martes, 1 de febrero de 2011

2ª Autonómica: O Sporting segue sen funcionar na Mina e cae no derbi ante o Meira

O domingo era unha boa ocasión para acercarse ós postos tranquilos e de paso meter ó Meira na loita pola permanencia, pero foron estes últimos os que saíron fortalecidos do choque disputado na Mina ó vencer por 0-2. Os de Moirón non realizaron un bo partido sobretodo en ataque, pero os visitantes tampouco mostraron a superioridade que reflexa o marcador final, pois só contaron con ocasións nos primeiros compases do envite. Outro dos protagonistas foi o estado do terreo de xogo, impracticable debido ás fortes chuvias, algo que non beneficiou nin a uns nin a outros.