miércoles, 30 de noviembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7

Sábado 26 de Novembro, 16h15
12ª Xornada
A Mina
SPORTING PONTENOVA 3 - 0 CELTA BARREIROS
Goles: Rañón (2), Fran


1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 26 de Novembro
8ª Xornada
Municipal de Xove
U.D. XOVE LAGO 1 - 1 SPORTING PONTENOVA

miércoles, 23 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: O Matela remonta e o Sporting suma a terceira derrota consecutiva

Cinco partidos sen gañar e tres derrotas consecutivas, ese é o peligroso balance dos de Moirón nas últimas xornadas. O pasado domingo era unha boa ocasión para cambiar esa mala xeira, pois o Matela estaba nunha situación parecida ó Sporting. Pero chegaban os da Mina moi mermados polas baixas, con varios xuveniles na alineación, aínda que o seu rendemento foi moi alto e o equipo respondeu ben, pois Javín adiantou ós visitantes no primeiro tempo cun golazo de vaselina para poñer fin así á sua mala racha goleadora. Pero no primeiro minuto da segunda parte os locais puxeron a igualada, e minutos mais tarde a mala sorte volveuse a cebar cos pontenoveses e Villy firmou en propia porta o gol que á postre significaría a derrota. 2-1 para o Matela, un resultado que deixa ós gualdinegros con 9 puntos moi cerca dos postos perigosos da táboa. O próximo compromiso será o vindeiro sábado ante o último clasificado, o Celta Barreiros, ás 4:15 no Campo da Mina.

martes, 22 de noviembre de 2011

Aut. Xuvenil: O Sporting suma e sigue

O Sporting Pontenova colleitou unha nova victoria o pasado sábado na Mina, ante o Lourenzá. Foi nun partido no que os de Moirón se mostraron moi superiores, deixando o encontro casi sentenciado na primeira media hora cun golazo de Catalin e outro de Anxo á saída dun córner. No segundo tempo, os laurentinos recurtaron distancias pero, pouco despois, de novo Catalin puxo terra de por medio e firmou o definitivo 3-1 que lles permite ós pontenoveses continuar no segundo posto da táboa.

sábado, 19 de noviembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7

Domingo 20 de Novembro, 16h15
11ª Xornada
San Lorenzo de Aguiar
S.D. MATELA 2 - 1 SPORTING PONTENOVA
Goles: 0-1 Javín

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 19 de Novembro
7ª Xornada
A Mina
SPORTING PONTENOVA 3 - 1 E.D. LOURENZÁ
Goles: 1-0 Catalin, 2-0 Anxo, 3-1 Catalin

miércoles, 16 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting sigue sin levantar cabeza e cae na Mina ante o Candelaria

A mala xeira continúa. Despois dun inicio de Liga esperanzador, os de Moirón metéronse nunha espiral de malos resultados da que está sendo difícil saír, e que os levou hacia a zona baixa da táboa. O último capítulo, o pasado sábado na Mina ante o Candelaria, nun partido que comezou con gol sportinguista e cun penalti fallado por Maketo, e que rematou con remontada dos de Rúa para levarse finalmente o partido por 1-2.

sábado, 12 de noviembre de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7
Sábado 12 de Novembro, 16h15
10ª Xornada
A Mina
SPORTING PONTENOVA 1 - 2 S.D. CANDELARIA
Goles: 1-0 Villy



1ª AUTONÓMICA XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 12 de Novembro
6ª Xornada
Mpal. Pepe Barrera
S.D. RIBADEO 1 - 1 SPORTING PONTENOVA

martes, 8 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: Derrota pola mínima en Galdo para continuar coa mala xeira

Era o campo de Trasvías un feudo propicio para o Sporting nas últimas visitas, nas que nunca saíra derrotado e conseguira varias victorias, incluso goleadas. Pero este ano a historia non se repetíu e os de Moirón saíron derrotados por un axustado 1-0, nun partido con poucas ocasións para ambos bandos, no que o gol chegou por un despiste puntual. Non foi un bo partido dos pontenoveses, que tras esta derrota quedan no 13º posto con 9 puntos, que intentarán ampliar o próximo sábado ás 16:15 coa visita á Mina do Candelaria.

Aut. Xuvenil: Victoria sufrida ante o Foz para colocarse segundos na táboa

Importante victoria do xuvenil do Sporting Pontenova ante un sempre favorito Foz, que non chegou á Mina no seu mellor momento pero que puxo en serios apuros ós de Moirón no segundo tempo, logo de chegar ó descanso cun tranquilo 2-0 para os locais. O protagonista, o de case sempre, Catalin, que firmou un novo doblete na súa conta particular para aupar ó Sporting ó segundo posto da clasificación.

domingo, 6 de noviembre de 2011

Resultados


2ª AUTONÓMICA, GRUPO 7

Domingo 6 de Novembro, 16h15
9ª Xornada
Trasvías
NOVAS RAÍCES DE GALDO 1 - 0 SPORTING PONTENOVA

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 5 de Novembro
5ª Xornada
A Mina
SPORTING PONTENOVA 2 - 1 C.D. FOZ
Goles: 1-0 Catalin, 2-0 Catalin

miércoles, 2 de noviembre de 2011

2ª Autonómica: O Sporting non pode nin co Parga nin co árbitro

Empate sen goles o pasado sábado no Campo da Mina na visita do Parga. Buscaban os de Moirón certificar con resultados o bon momento de xogo visto nos últimos encontros, pero atopouse cun correoso Parga e cun protagonista co que non se contaba, o colexiado. Os pontenoveses tiveron algunha ocasión clara para adiantarse xa no primeiro tempo, como unha internada de Fran pola esquerda que non atopou rematador ou un disparo de Maketo dende a frontal. Na segunda parte máis do mesmo, partido moi igualado con oportunidades para ambos equipos pero cunha actuación moi discutida do árbitro, que se comeu un claro penalti por mans na área do Parga e pitou varios fóras de xogo en contra do Sporting que foron moi discutidos pola grada e polos xogadores. Moirón rematou expulsado, e a maioría dos xogadores de campo do conxunto gualdinegro remataron o choque con cartón amarelo. E así, co 0-0 inicial, rematou o encontro. O próximo partido será o vindeiro domingo na localidade viveirense de Galdo, ante o Novas Raíces, ás 16:15 da tarde.