martes, 26 de abril de 2011

Vota a Arango e Catalin nos premios Líder da Voz de Galicia

Os xogadores do Sporting Pontenova xuvenil Sergio Arango e Catalin Dragomir están nominados, como mellor centrocampista e mellor dianteiro respectivamente, para os premios Líder que concede cada final de temporada o suplemento deportivo co mesmo nome que forma parte do xornal "La Voz de Galicia". Este galardón premia cada ano ós mellores do fútbol base lucense, e a temporada pasada xa resultaron premiados dous integrantes do conxunto pontenovés: Dani Moirón como mellor adestrador e Matelo como integrante do once ideal da temporada. Aínda quedan días para votar, e podes facelo facendo click na foto de cada xogador. Moitas gracias pola túa colaboración!
Catalin
Sergio Arango

Sábado de fútbol na Mina

martes, 19 de abril de 2011

2ª Autonómica: O Sporting remata a Liga no 11º posto logo de vencer ó Mondoñedo e empatar en Alfoz

Acabouse a Liga para o Sporting Pontenova, e acabou coa satisfacción de ter conseguido o obxetivo para o que fora planteada a temporada, a permanencia. A 2011/2012 será, pois, a terceira consecutiva dos gualdinegros en 2ª Autonómica.
Os dous últimos partidos da competición saldáronse cunha victoria e cun empate. A victoria chegou ante o Mondoñedo na Mina, o pasado 9 de Abril. Foi nun partido no que os de Moirón infrinxiron un dominio case insultante ante os mindonienses, con preto de 20 ocasións de gol, pero que acabou decidindo un solitario tanto de Puente preto do descanso. O marcador non se moveu e significou o descenso matemático do equipo da cidade diocesana.

Aut. Xuvenil: Dúas victorias consecutivas para alonxarse definitivamente dos últimos postos

Un gran Sporting firmou dúas victorias nos últimos dous encontros, o primeiro a mañá do sábado 9 de Abril na Mina e o segundo o pasado sábado en Alfoz. O partido disputado fai dúas xornadas foi ante o Xove Lago no feudo pontenovés, e os de Moirón recibían ao penúltimo da táboa coa intención de seguir coa boa xeira iniciada ante o Iberia. E así foi, pois os gualdinegros impuxéronse por 2-0 con goles de Paulo e Picota, un en cada tempo. E a terceira victoria consecutiva chegou o pasado sábado en Alfoz, xusto despois do partido do primeiro equipo. Foi por un axustado 1-2, nun partido no que Catalin firmou o seu 19º gol da Liga e Arango cerrou o partido cun golazo dende fóra da área que se colou por toda a escadra. 
Agora só lles queda por disputar a última xornada da Liga, que será ante o Viveiro "B" na Mina, o fin de semana da Festa da Troita. E será xa coa tranquilidade de ter unha plaza asegurada entre os 10 primeiros clasificados.

domingo, 17 de abril de 2011

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 16 de Abril, 19h00
25ª Xornada
 Municipal
C.D. Alfoz 1 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Catalin, 1-2 Arango

sábado, 16 de abril de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 16 de Abril, 17h00
30ª Xornada
 Municipal
C.D. Alfoz 2 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 2-1 p.p., 2-2 Fran

lunes, 11 de abril de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Sábado 9 de Abril, 17h00
29ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 1 - 0 Mondoñedo F.C.
Goles: 1-0 Puente

sábado, 9 de abril de 2011

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 9 de Abril, 11h30
24ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 2 - 0 U.D. Xove Lago
Goles: 1-0 Paulo, 2-0 Picota

viernes, 8 de abril de 2011

Sábado de fútbol na Mina

martes, 5 de abril de 2011

2ª Autonómica: Dulce derrota en Barreiros

Chegaba o Sporting a Barreiros coa intención de lograr unha victoria que lles permitise subir algún posto e o máis importante, deixar a salvación asegurada. Pero aínda que caeu por 1-0, o segundo obxetivo conseguiuse. Despois dunha moi dura temporada, os de Moirón poden decir por fin que o próximo ano volverán a competir na Segunda Autonómica, algo que non parecía moi claro fai uns meses. E foi gracias ós resultados da xornada, porque o Sporting non foi capaz de vencer ó Celta Barreiros nun partido no que foi superior en moitas fases, pero non estivo acertado de cara a porta e acabou cedendo por culpa dun gol mediado o segundo tempo.

Aut. Xuvenil: O Sporting volve á senda da victoria logo de catro derrotas consecutivas

Por fin conseguiu o Sporting Pontenova xuvenil escapar da mala racha na que estaba metido, despois de sufrir 4 derrotas de maneira consecutiva. E foi o pasado sábado, ante o Iberia, un rival co que estaba empatado a puntos e que deixa xa por detrás na táboa. O gran protagonista do partido foi Catalin, que firmou os 3 goles dos de Moirón. Ó descanso chegouse con 2-1 para os locais, o primeiro gol de penalti e o segundo pouco despois de que o Iberia acadase o empate. No segundo tempo chegou a sentencia con outro gol dende o punto fatídico, que significou o hat-trick do dianteiro pontenovés. Estes 3 puntos deixan ó Sporting no 9º posto da táboa, nunha posición moi tranquila a falta de 9 puntos en xogo.

domingo, 3 de abril de 2011

Resultados

2ª AUTONÓMICA, GRUPO 6

Domingo 3 de Abril, 17h00
28ª Xornada
 O Cascabeiro
Celta Barreiros C.F. 1 - 0 Sporting Pontenova

Resultados

1ª AUT. XUVENIL, GRUPO 7

Sábado 2 de Abril, 17h00
23ª Xornada
 A Mina
Sporting Pontenova 3 - 1 Iberia F.C.
Goles: 1-0 Catalin (p.), 2-1 Catalin, 3-1 Catalin (p.)