sábado, 29 de mayo de 2010

Resultados

Sábado 29 de Maio, 17:30 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
1ª Ronda
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 3 - 1 Porto Do Son C.F.
Goles: 1-1 Turbo, 2-1 Antón, 3-1 Tontxu

viernes, 28 de mayo de 2010

A Xornada

  • Sábado 29 de Maio, 17:30 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
1ª Ronda
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - Porto Do Son C.F.

A primeira ronda da fase de ascenso resólvese mañá no Campo da Mina. Na ida, o resultado de 0-0 déixao todo para decidirse no feudo pontenovés, nun partido de seguro complicado pero que os rapaces de Moirón van xogar ó 200% arroupados por unha afición que non fallou en toda a temporada, e que tampouco vai fallar no momento clave da mesma. Diante, un rival moi correoso e contundente nas súas accións, o Porto do Son, que chegará á Pontenova co obxetivo de conseguir marcar, pois un gol dos visitantes complicaría o pase para os mariñanos. Ó seu favor xoga que en tódolos empates con goles sairían triunfadores, pero na súa contra está que os gualdinegros levan un ano e medio sen perder na Mina e que na liga regular conseguiron vencer en tódolos seus compromisos como locais. A resolución, mañá sábado ás 17:30 da tarde. Contamos contigo.

jueves, 27 de mayo de 2010

Sorteo no partido Sporting Pontenova - Porto Do Son

Xa temos outro motivo máis para asistir ó Sporting Pontenova - Porto Do Son do próximo sábado na Mina. No descanso do encontro vamos sortear a camiseta dun dos mellores xogadores do momento, Andrés Iniesta. Será a elástica oficial que vai utilizar a Selección Española no Mundial de Sudáfrica, serigrafiada co nome e co número 6 do futbolista manchego. Se queres optar a conseguila só terás que comprar as rifas na entrada do campo ó módico prezo de 1 euro. Moita sorte!!

lunes, 24 de mayo de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: A eliminatoria decidiráse na Mina logo de empatar sen goles na ida

O primeiro asalto da eliminatoria inicial de camiño ó ascenso disputouse o pasado sábado na localidade coruñesa de Porto do Son. O Sporting Pontenova, moi arroupado por medio centenar de afeccionados, chegaba á Costa da Morte co obxetivo de deixar a eliminatoria aberta para decidila na Mina o próximo sábado 29. E así foi, gracias a un gran despliegue físico nun partido intenso, moi igualado dende o primeiro minuto diante dun rival correoso que non lle concedeu moitas oportunidades ós pontenoveses.
Comezou o encontro de forma esperanzadora para a afición visitante, que lle deron a nota de colorido ás gradas durante os 90 minutos e que non deixaron de cantar e de animar nin un só instante. No primeiro cuarto de hora o dominio foi para os de Moirón, que conseguiron superar a defensa local por medio da velocidade de Matelo en varias ocasións. O punta asturiano foi un auténtico pesadelo para a zaga do Son, que se viu desbordada unha e outra vez con balóns largos que lle caían ó 9 pontenovés, que aínda así neste primeiro tempo non tivo ocasión excesivamente claras, excepto un disparo escorado que se marchou pola línea de fondo. Christian e Antón tamén estiveron moi activos, pero as súas internadas polos laterais non atopaban finalizador. Pero a partir do minuto 15 o dominio foi pasando para o Porto do Son, que comezou a inquietar a meta de Xoel con varias xogadas de perigo. Incluso mandaron dous balóns ós paus, que a piques estiveron de desnivelar o marcador a favor dos locais. O balance atacante dos gualdinegros na recta final do primeiro tempo foi moi escaso, pero aínda así reclamaron un penalti a Matelo que nin o árbitro nin o linier acertaron a ver. Co 0-0 inicial marcháronse os xogadores ós vestiarios.
A segunda parte comezou coa dinámica coa que acabara a primeira. Os locais eran quenes tiñan o control, gozando de algunha xogada perigosa pero sin oportunidades claras, o mesmo que lle ocurría ós pontenoveses. A defensa sportinguista estivo outra vez de 10, especialmente un Bruno que foi un auténtico muro na zaga, sen cometer nin un só erro en todo o encontro, algo que contaxiou ós seus compañeiros de línea firmando todos un excelente papel. Pero, igual que no primeiro acto, o dominio foi cambiando pouco a pouco co paso dos minutos, ata que no último tramo de partido volveron a ser os de Moirón os donos do balón. O despliegue físico de Arango e a calidade de Tontxu fixeron que o medio campo fora para os pontenoveses, que intentaron encerrar na súa parcela ós locais no último cuarto de hora, cando chegaron as oportunidades máis claras para os gualdinegros, con Turbo e Matelo outra vez moi activos. E a historia repetiuse cando, nunha internada na área deste último e cando xa encaraba ó porteiro, un defensor local cazouno por detrás nun penalti moi claro que o árbitro non quixo ver. Poucos minutos despois o mesmo portagonista volveuse a plantar diante do meta, pero esta vez o seu disparo a "bocaxarro" tropezou contra o corpo do gardamallas, na que foi a oportunidade máis clara ó longo do encontro. Tivo outra boa ocasión con un chut dende a frontal, pero o porteiro chapou sen problemas. E así, sen goles, chegouse ó remate do partido, resultado que deixa todo para resolverse na Mina, o próximo sábado ás 17:30 da tarde.
Dende aquí queremos darlle as gracias a toda a afición que se desplazou a Porto Do Son, pois foi un gran esforzo pola súa parte cruzar Galicia para estar ó lado do equipo, e aínda con todo ese cansancio non pararon de animar e de alentar en todo o partido, teñindo as gradas do Emilio García de gualdinegro. Esperemos que ese gran ambiente se repita na Mina o próximo sábado.

domingo, 23 de mayo de 2010

Moirón e Matelo, galardonados na Gala dos Premios Líder 2010

O Sporting foi un dos protagonistas do acto de entrega dos Premios Líder 2010. Foron dous integrantes do equipo xuvenil os galardonados: Dani Moirón como mellor entrenador e Matelo como integrante do equipo ideal da temporada. Os premios, organizados polo suplemento deportivo "Líder" da Voz de Galicia, entregáronse nunha gala celebrada o pasado venres no salón de actos da facultade de Veterinaria de Lugo. Moirón estaba nominado xunto cos adestradores do Sarria F.C. e do Polvorín, e fíxose co trofeo a pesar de non partir como favorito. O outro integrante do Sporting en recibir un recoñecemento foi Matelo, que foi elexido no mellor once da temporada logo de quedar pichichi da categoría con 40 goles.

Resultados

Sábado 22 de Maio, 17:30 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
1ª Ronda
Emilio García (Porto Do Son)
Porto Do Son C.F. 0 - 0 Sporting Pontenova

viernes, 21 de mayo de 2010

A Xornada

  • Sábado 22 de Maio, 17:30 h.
Fase de Ascenso a Liga Galega
1ª Ronda
O Preguntoiro (Porto Do Son)
Porto Do Son C.F. - Sporting Pontenova

Comeza mañá a fase decisiva da temporada para os de Moirón. E será ante o Porto Do Son, rival totalmente descoñecido para os gualdinegros pero ó que visitarán sen ningún tipo de temor, confiando en sacar un resultado positivo que deixe aberta a eliminatoria de cara ó partido de volva na Mina. Para este encontro o entrenador pontenovés contará co equipo de gala, que xunto ó bo número de aficionados que se espera que se desplacen intentarán deixar un bo sabor de boca neste partido de ida, que será ás 17:30 no campo do Preguntoiro.

martes, 18 de mayo de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: Modificación do plan de viaxe a Porto Do Son


Despois de poñer as listas para apuntarse á viaxe a Porto Do Son e contar con tan só cinco persoas que escolleron o autobús con saída ás 14:00 horas, modifícase a hora de partida para as 12:00 do mediodía con comida en Santiago de Compostela co menú que se detalla no cartel.
A data límite para apuntarse trasládase ó xoves día 20. Os medios para facelo seguen sendo os mesmos: hai listas nos bares Puente e Montes, en Dekor-Eo, en Librería Eugenia e tamén podes facelo mediante un correo electrónico nas direccións sportingpontenova@gmail.com e pontenova.es@gmail.com.

Gracias de novo por colaborar co Sporting Pontenova.

viernes, 14 de mayo de 2010

Aut. Xuvenil, Fase de Ascenso: Desplazamento a Porto Do Son


Para poder programar o desplazamento e contar co maior número de socios e afecionados que queiran desplazarse ó partido de ida da fase de ascenso, a directiva róganos que os interesados se anoten nas listas dispoñibles nos Bares Montes e Puente para reservar autobus e xantar.

Os horarios a escoller poden ser:
  • Saída as 11,00 da maña con comida nos arredores de Santiago (coste aproximado non superior a 15,00 €).
  • Saída as 14,00 horas directos a Porto do Son (gastos de autobus financiados polo Concello da Pontenova).
A saída será no horario escollido polo maior número de persoas que se anoten antes do día 18/05.

Tamén vos podedes anotar enviando un correo á dirección sportingpontenova@gmail.com indicando nome e apelidos e o horario escollido.

jueves, 13 de mayo de 2010

Copa Diputación: A temporada remata para o Sporting logo de volver caer en Pastoriza na Copa (1-0)

Rematou a temporada 2009-2010 para o primeiro equipo do Sporting Pontenova. E fíxoo sen disfrutar prácticamente da Copa Diputación, pois o campión de Liga, o Pastoricense, acabou coas aspiración dos de Sachas no torneo do K.O. ás primeira de cambio. O resultado no Campo da Mina xa fora bastante claro e deixaba poucas opcións para o partido de volta, pois o 0-3 da ida parecía insalvable para os pontenoveses que aínda así deron a cara e realizaron un partido serio no Acebreiro, caendo por 1-0. Na primeira parte os visitantes mostráronse moi combativos, e o Pastoricense atopouse con máis problemas dos previstos para superar un bloque moi firme e que se plantou no céspede co propósito de poñer en problemas ós locais basándonse na solidez defensiva e na velocidade en ataque de Puente e Javín. Conseguiron levar perigo con algunha combinación pero os da Pastoriza fixeron tamén un moi bo traballo e non pasaron excesivos apuros nestes primeiros 45 minutos, tendo incluso algunha ocasión para chegar ó descanso por diante.
Pero no segundo tempo a imaxe iba cambiar. Os de Sachas acusaron o cansancio e os locais fixéronse co control case dende o principio. Foi neste período cando conseguiron o gol da victoria, e a partir de ahí o Sporting xa baixou os brazos e vía case imposible lograr 4 goles para darlle a volta a eliminatoria. Non houbo máis historia e o partido rematou co solitario tanto local.
Finaliza así a temporada para o Sporting Pontenova, cun meritorio 10º posto en Liga e cunha derrota na Copa na primeira ronda. Agora toca disfrutar dunhas merecidas vacacións para inicar o próximo curso con máis ganas que nunca e cas máximas aspiracións.

martes, 11 de mayo de 2010

Resultado enquisa



Aut. Xuvenil: A Mina, territorio imbatible dende hai un ano e cinco meses

Cando está a piques de comezar a Fase de Ascenso a Liga Galega ante o Porto do Son, onte cumpríronse 1 ano e 5 meses dunha estadística digna de destacar: o equipo xuvenil non cae no Campo da Mina dende o 10 de Xaneiro de 2009, cando o Pol de Miranda conseguiu levarse os 3 puntos do feudo pontenovés vencendo por 2-3. Este dato resulta especialmente esperanzador tendo en conta que nas dúas eliminatorias que poden levar ós de Moirón a acadar o ascenso, o partido de volta vaise disputar na Mina, polo que un resultado positivo a domicilio deixaría moi encarrilado o pase tendo en conta o fortín no que se convertiu A Pontenova neste último ano e medio.
Quedan menos de 15 días para que se inicie a última etapa da temporada, a máis importante, polo que dende aquí queremos pedir o apoio de toda a afición que non fallou en toda a Liga e que a bon seguro volverá a ser a das grandes tardes no partido do día 29, o de volta. Para o de ida, previsto inicialmente para o sábado 22, informamos de que se poñerá un autobús en disposición da xente que queira desplazarse ata Porto Do Son para apoiar ó Sporting.

lunes, 10 de mayo de 2010

Aut. Xuvenil: O Porto do Son, primeiro rival na Fase de Ascenso á Liga Galega

Amistoso Xuvenil: Empate esperanzador na visita a Betanzos (1-1)

Bo encontro o que disputou o Sporting Xuvenil no García Hermanos de Betanzos contra o equipo local. O rival quedara 5 na sua respectiva liga en Coruña e tratabase dun equipo de entidade.

Os rapaces de Moirón afrontaban o que pode ser o último partido de preparación antes da fase de ascenso contra o Betanzos para medir o seu verdadeiro potencial contra un equipo de nivel e o resultado foi positivo.

O encontro na primeira metade estivo marcado polo bo facer da defensa gualdinegra e o acerto cara o gol que tivo Cristian. Dende o pitido inicial o Sporting tratou de controlar a un equipo local que baseaba o seu ataque en longas elaboracións que case sempre culminaban cun cambio de orientación na banda e que a defensa pontenovesa se encargaba de rexeitar para despois intentalo contragolpe. Nunha desas contras Matelo forzou un saque de esquina. A saida deste, a defensa brigantina rexeitou cara a frontal onde Cristian cunha soberbia volea coa sua perna esquerda e por toda a escadra conseguiu adiantar o cadro pontenovés. O resto da primeira parte seguiría sempre o mesmo patrón de xogo, co Sporting no seu campo sen pasar apuros e co Betanzos chocando unha e outra vez contra unha defensa que se mostrou en todo momento moi segura.

Xa na segunda metade o Betanzos adiantou liñas e dominou completamente o balón. Ainda con todo isto, non foi capaz de crear peligro a non ser mediante tiros dende lonxe que ou ben se ian fora ou ben os interceptaba Xoel sen problemas. En torno ó minuto 70, no único desaxuste defensivo do Sporting chegaría o empate. Foi mediante un cambio de orientación dun dos centrais locais que o extremo esquerdo logra controlar e poñer un centro preciso para que fora rematado ao fondo da rede. A partir de aquí, o Betanzos continuou co seu dominio do balón e gozou dalgunha oportunidade máis para marcalo segundo ainda que foi o Sporting que tivo as dúas ocasións máis claras para vencer, as dúas de Turbo. A primeira chegou mediante un balón largo que colleu a defensa rival adiantada e que enviou por pouco por encima do longueiro. Tamén por encima do longueiro se iría unha falta moi perigosa que executou e que sería a última acción do partido antes de que o árbitro decretase o final.

Hoxe luns procederase ao sorteo da promoción da fase a liga galega. Dar as grazas a aqueles afeccionados que se desprazaron ata Betanzos.


Crónica enviada por Sergio Arango.

Resultados

Domingo 9 de Maio, 17:00 h.
Copa Diputación
1ª Ronda (Volta)
O Acebreiro (A Pastoriza)
U.D. Pastoricense 1 - 0 Sporting Pontenova

Sábado 8 de Maio, 19:00 h.
Amistoso
García Hermanos (Betanzos)
Betanzos C.F. 1 - 1 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Christian

jueves, 6 de mayo de 2010

Copa Diputación: O Sporting complícase a Copa logo de caer na Mina ante o Pastoricense (0-3)

Moi difícil se lle puxeron as cousas ó Sporting Pontenova na Copa. O rival non era precisamente o mellor para abrir a competición, pois o Pastoricense ven de proclamarse campión de Liga e de lograr o ansiado ascenso á 1ª Autonómica. E todo iso demostrouno na Mina. Aínda así o resultado pode levar a engaño, pois os de Sachas aguantaron ata o descanso co 0-0 inicial e facéndolle fronte ó favorito para o título, pero no segundo tempo as forzas non deron para máis e os da Pastoriza foron moi superiores.
Na primeira parte un Sporting ben plantado no campo xogoulle de tú a tú a un rival ó que non se lle conseguiu gañar nos últimos compromisos, pero no segundo tempo pasaron factura varios factores como as baixas, o cansancio e incluso a fecha na que se xogaba o encontro. Todo iso resultou en que nos segundos 45 minutos os visitantes foron donos e señores do partido, e acabaron conseguindo 3 goles que deixan a eliminatoria moi costa arriba para os de Sachas, que aínda así visitarán o campo do Acebreiro o próximo fin de semana co ánimo de dar a sorpresa e avanzar de eliminatoria contra todo pronóstico.

Copa Élide Xuvenil: Nova goleada ó Lourenzá (4-0) no día da Festa da Troita

Presentábase un partido complicado para o Sporting Pontenova, tanto pola entidade do rival como pola fecha na que nos atopábamos. Pero iso non pareceu ser un impedimento para ver de novo unha gran versión do conxunto pontenovés. O Campo da Mina presentaba un gran aspecto, non en vano o encontro coincidiu co día grande da Festa da Troita, e os asistentes puideron presenciar un duelo que viña casi sentenciado do partido de ida, pois en Santa Cruz os de Moirón impuxéranse por 1-3. Aínda así non se relaxaron e Matelo abriu o marcador ós poucos minutos cun gran gol. O dominio era case continuo por parte dos da casa, pero os laurentinos non se rendían e con algún arreón poñían en perigo a meta de Xoel. Pero o segundo gol, obra de Ayoub en xogada persoal, foi un xarro de auga fría e o partido e a eliminatoria quedaron vistas para sentencia. Ó descanso chegouse así, co 2-0 favorable ós gualdinegros.
Nos segundos 45minutos as tornas non cambiaron nin o máis mínimo, e o guión foi prácticamente o mismo que na primeira parte, coa diferencia de que ambos equipos se relaxaron un pouco pois os de Moirón vían o pase case feito e os de Lourenzá vían a remontada case imposible. E así foi, pero ó marcador aínda habería que sumarlle outros dous tantos, obra ambos de Picota, que se destapou como goleador no partido do sábado. E sen moito máis que destacar, rematou o choque.
A pesar da eliminación, o que dispute a seguinte eliminatoria será o E.D. Lourenzá, pois o Sporting Pontenova non vai poder xogala debido ó seu compromiso na fase de ascenso á Liga Galega. Para preparala, desplazaráse este sábado á localidade coruñesa de Betanzos para disputar un partido amistoso ante o conxunto local, ás 7 da tarde no García Hermanos.

lunes, 3 de mayo de 2010

Resultados

Domingo 2 de Maio, 17:00 h.
Copa Diputación
1ª Ronda (Ida)
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 0 - 3 U.D. Pastoricense

Sábado 1 de Maio, 18:00 h.
Copa Élide
1ª Ronda (Volta)
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 4 - 0 E.D. Lourenzá
Goles: 1-0 Matelo, 2-0 Ayoub, 3-0 Picota, 4-0 Picota