jueves, 29 de abril de 2010

2ª Autonómica: A Liga remata cun empate a domicilio ante o Galdo (2-2)

Un Sporting escaso de efectivos presentábase o pasado sábado no campo de Trasvías, en Galdo, co obxetivo de rematar a competición con bon sabor de boca logo de gañar só un partido dos últimos 8. O gran número de baixas foi un hándicap para os de Sachas dende o principio, e máis logo de sufrir a expulsión de Marcos Conde preto da media hora de xogo, cando o marcador xa reflexaba un 1-0 favorable ós locais. Pero antes do descanso a diferencia aumentaría, polo que se presentaba unha segunda parte nada esperanzadora para os gualdinegros.
Pero ó pouco de comezar xa se viron as intencións dos de Sachas, e sería Pablín quen recortase distancias ós poucos minutos. Primeiro gol do pequeno xogador pontenovés logo do seu retorno ós campos de fútbol tras varios meses de ausencia por lesión. Minutos máis tarde sería Javi o que poñería o definitivo 2-2 no marcador, cun gran disparo que se colou pola escadra do marco rival, todo un golazo. Logo do empate, o partido contou con alternativas para ámbolos conxuntos pero o resultado non se movería ata o final.
Termina así a Liga o Sporting Pontenova nun meritorio 10º posto, o que significa a consecución do obxetivo marcado dende o principio, a permanencia, algo que non se conseguira ata o de agora nesta nova etapa do equipo. Agora comeza unha nova aventura na Copa Diputación, na que o primeiro rival será o máis difícil que podía tocar, o Pastoricense, flamante campión de Liga. A ida será o próximo domingo no campo do Acebreiro, e a volta unha semana máis tarde na Mina.

Podes descargar aquí o cadro da Copa.

Copa Élide Xuvenil: O Sporting vence en Lourenzá (1-3) e deixa a eliminatoria encarrilada

Partido correspodente a octavos de final da copa élide xuvenil que enfrontaba en Lourenzá ao equipo local, que finalizou terceiro a liga, cos rapaces de Daniel Moirón. Este dobre enfrontamento de copa sérvelles aos gualdinegros para manter a forma de cara a fase de ascenso que comezará a mediados me maio.

Os pontenoveses, con varias novidades no once inicial e a espera de recuperar os xogadores lesionados, realizou un partido moi serio, dominando o encontro e creando continua sensación de peligro, polo que ó descanso chegouse xa con ventaxa para os visitantes gracias a un bonito tanto de Matelo tras un pase de Turbo. A segunda metade comezou co Lourenzá golpeando primeiro, cun tiro ó poste e posteriormente cun gol logo de un barullo na área. O Sporting volveu adiantar liñas e a subir a presión e froito desa presión foi un roubo de Cristian ao central que deixa de tacón para que Turbo cun disparo ca esquerda anote o 1-2. Xa na recta final do partido chegaría a sentenza que foi outra vez obra de Matelo.

A volta da eliminatoria xogarase na Pontenova o vindeiro sábado as 6 da tarde coincidindo coa Festa da Troita. De novo dar as grazas a aquela xente que se desprazou para animalo equipo.


Crónica enviada por Sergio Arango.

sábado, 24 de abril de 2010

Resultados

Sábado 24 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 30
Trasvías (Galdo)
Novas Raíces de Galdo 2 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 1-1 Pablín, 2-2 Javi

Sábado 24 de Abril, 17:00 h.
Copa Élide
1ª Ronda
Santa Cruz (V. de Lourenzá)
E.D. Lourenzá 1 - 3 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo, 1-2 Turbo, 1-3 Matelo

A Xornada

  • Sábado 24 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 30
Trasvías (Galdo)
Novas Raíces de Galdo - Sporting Pontenova

Último partido de Liga para un Sporting que viaxa a Galdo co deber cumplido. A semana pasada firmouse a permanencia polo que o partido de hoxe será un mero trámite para ambos equipos, pois o Novas Raíces tampouco se xoga nada na cita desta tarde. O encontro servirá de preparación para a Copa Diputación, que comezará a próxima semana cun duro rival, o Pastoricense, flamante campión de Liga.

  • Sábado 24 de Abril, 17:00 h.
Copa Élide
1ª Ronda
Santa Cruz (V. de Lourenzá)
E.D. Lourenzá - Sporting Pontenova

Esta tarde comeza a Copa Élide para o Sporting Pontenova, competición na que os de Moirón só estarán presentes ata que o calendario, ou o rival no caso dunha eliminación, o permitan, pois a fase de ascenso á Liga Galega é a prioridade neste caso. O rival será o Lourenzá, un bo equipo que conseguiu o terceiro lugar na recén rematada Liga, polo que vai ser unha boa proba para evaluar a forma dos gualdinegros de cara a promoción.

lunes, 19 de abril de 2010

2ª Autonómica: Goleada ó San Ciprián na Mina para sellar a permanencia (4-0)

Cun equipo plagado de xuveniles presentábase o Sporting Pontenova no partido que iba decidir se se cumplía o obxetivo marcado ó principio da temporada. Enfronte, un San Ciprián que chegaba á Mina xa descendido, polo que a priori o rival era propicio para que os de Sachas, esta vez dirixidos por Moirón, saíran victoriosos. E así foi, e con solvencia.
Só tardou dous minutos en abrirse o marcador. Unha boa xogada de Puente pola banda dereita acaba cun pase da morte que remata Fran en boca de gol, subindo o primeiro da tarde. Bo comezo para os locais, que non disminuíron a intensidade e seguiron disfrutando de oportunidades, sobre todo por parte de Matelo, que incluso errou un penalti cometido sobre Puente mediado o primeiro tempo. Os mesmos protagonistas noutra oportunidade moi clara minutos despois, nunha xogada na que Puente volve a combinar con Matelo, deixándoo só diante do porteiro, pero éste manda o balón ó largueiro cando xa se cantaba o gol nas bancadas. A dupla asturiana foi un quebradeiro de cabeza para o San Ciprián en todo momento. Aínda así, o marcador non se moveu e chegouse ó descanso co solitario gol de Fran.
A segunda parte transcurriu da mesma maneira. O segundo chegou ós dez minutos e foi obra de Matelo cun gran disparo que entra logo de petar no pau, conseguindo así o seu primeiro tanto co primeiro equipo e sumándoo ós 40 que marcou na xa rematada liga xuvenil. Pero o mellor da tarde aínda estaba por vir. Mentras tanto, Puente tamén puido subir o terceiro nunha acción na que non acerta a rematar un pase da morte de Iván, e na mesma xogada a pelota acaba nos pés de Fran que non define ca dereita a un metro da portería. Minutos despois chegaba a sentencia. Balón largo dende atrás hacia Fran, que se inventa un pase de tacón á altura da cintura para deixar a Tontxu só diante do porteiro, definindo éste á perfección cunha vaselina que supera ó gardameta e entra polo segundo pau. Unha auténtica "delicatessen" que levantou do asento ós asistentes. Minutos despois foi Maqueto quen volveu a provocar o aplauso da afición con outro golazo. Recibe un balón cerca do medio campo e, a 25 metro da portería, saca un disparo que entra por toda a escadra logo de petar no largueiro. Dous goles preciosos para finiquitar o partido e a permanencia por primeira vez na nova etapa do Sporting, pois nas dúas anteriores presencias en Segunda Autonómica non fora quen de conservar a categoría. Rematou así un encontro marcado pola participación de ata 6 xuveniles, que inxectaron frescura no partido máis importante da temporada.
A falta dun partido para rematar a competición, os gualdinegros viaxarán a Viveiro para enfrontarse ó Galdo na última xornada coa tranquilidade de deixar xa os deberes feitos. Despois comezará unha nova aventura na Copa Diputación, na que os de Sachas intentarán facer un bo papel para acabar a temporada aínda con mellor sabor de boca.

domingo, 18 de abril de 2010

Resultados

Sábado 17 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 29
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 4 - 0 C.D. San Ciprián
Goles: 1-0 Fran, 2-0 Matelo, 3-0 Tontxu, 4-0 Maqueto

jueves, 15 de abril de 2010

A Xornada

  • Sábado 17 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 29
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova- C.D. San Ciprián

O partido máis importante da temporada para o Sporting. Unha victoria deixaría asegurada a permanencia para os de Sachas, algo que nunca ocurríu na nova etapa do equipo, pois nas dúas ocasións anteriores nas que os pontenoveses competiron en segunda autonómica non conseguiron conservar a categoría. Enfronte, un rival "a priori" asequible, o San Ciprián, o colista. Será o último partido dos gualdinegros como locais, a súa asignatura pendente ó longo de toda a liga, xa que só gañaron 3 partidos na Mina. Este encontro tamén será unha ocasión inmellorable para poñer fin á malísima racha de 8 partidos sen lograr os 3 puntos, polo que dende aquí queremos pedir o apoio de toda a afición para que así sexa máis fácil conseguir o obxetivo da permanencia.

  • Sábado 17 de Abril, 17:00 h. (Suspendido)
Amistoso
Pontedeume (A Coruña)
Eume Deportivo - Sporting Pontenova

O partido non se disputará xa que varios xuveniles foron subidos ó primeiro equipo para xogar o encontro ante o San Ciprián, debido ó gran número de baixas coas que van afrontar o choque os de Sachas.

2ª Autonómica: O obxetivo da permanencia terá que esperar logo da derrota ante o Folgueiro (2-0)

Presentábase o pasado sábado o Sporting no campo do segundo clasificado, o Folgueiro, nun partido xa de por sí moi difícil pola posición do rival e que se complicaba aínda máis pola plaga de baixas coa que chegaban os de Sachas.
Aínda así os da Pontenova disputaron unha primeira parte moi correcta, na que o dominio estivo bastante igualado e non houbo demasiadas ocasións de gol para ningún dos dous bandos. Os pontenoveses estaban ben plantados no céspede de Boavista e ó Folgueiro presentábanselle máis dificultadas das que seguramente contaban nun principio, polo que ó descanso chegouse co 0-0 inicial.
Pero no segundo tempo a balanza desnivelouse hacia o lado do favorito, que se mostrou superior case dende o principio. Neste período o dominio local foi máis que claro e gracias a isto conseguiron os dous goles cos que gañaron o partido, que puideron ser máis de non ser por unha pena máxima detida por Juanki.
Con esta derrota o obxetivo da permanencia segue só a 3 puntos, polo que o encontro do próximo sábado na Mina ante o San Ciprián será o máis importante da temporada, así que dende aquí queremos animar á afición a que se acerque a presenciar o partido e así, entre todos, será moito máis fácil conseguir os 3 puntos que aseguren continuar unha temporada máis na segunda autonómica.

martes, 13 de abril de 2010

Aut. Xuvenil: O campión remata a liga cun cómodo triunfo na Mina ante o San Ciprián (3-1)

Este era o último partido de Liga para o Sporting Pontenova, xa que será o equipo que descanse na última xornada no campionato. Nun campo da Mina que presentaba un bo aspecto, os campións remataron a fase regular da temporada brindándolle unha nova victoria á afición e conseguindo así un pleno como local neste curso. O gran protagonista do partido foi Matelo, que gracias ós dous tantos que logrou chegou á espectacular cifra de 40 goles, que esperemos que se incremente próximamente.
O encontro comezou como se esperaba, e os de Moirón rápidamente se fixeron con control do esférico e comezaron a avisar ó gardameta visitante. Inaugurou o marcador o Pichichi Matelo cun gol cunha pizca de sorte, pois cando estaba presionando ó central o despexe deste rebotou no punta asturiano e colouse na portería cunha fermosa vaselina. Xa por diante, os da Mina dedicáronse a facer o seu fútbol e levaron continuo perigo sobre todo pola banda de Christian, un auténtico puñal polo costado dereito, aínda que as súas chegadas non puideron ser aproveitadas nin por Matelo nin por Seoane, polo que se chegou ó tempo de lecer co único gol sportinguista.
Non mudou o curso do partido no segundo tempo. Ó pouco de comezar os gualdinegros conseguiron o gol da tranquilidade e que deixaba o encontro prácticamente finiquitado, pois non semellaba que o San Ciprián lle puidese dar a volta. Nesta ocasión o goleador foi Christian, que pouco despois daríalle a Matelo a asistencia do terceiro gol nun espectacular contragolpe que finalizou o dianteiro pontenovés logo dun gran recorte no punto de penalti. Co 3-0 os homes de Moirón relaxáronse, o que permitiu que a falta de 10 minutos para o final recortasen distancias os cervenses, pero a remontada non se producíu e o choque finalizou sen máis goles.
Despois deste triunfo, os de Moirón remataron xa a súa participación na Liga, pois descansarán na última xornada coa tranquilidade de ter logrado o título fai xa 3 semanas. Despois virá a Copa, que fará as veces de teloneira para o colofón da temporada, a fase de ascenso a Liga Galega, que comezará a mediados de Maio.

sábado, 10 de abril de 2010

Resultados

Sábado 10 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 28
Boavista (O Vicedo)
U.D. Folgueiro 2 - 0 Sporting Pontenova

Sábado 10 de Abril, 17:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 27
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova 3 - 1 C.D. San Ciprián
Goles: 1-0 Matelo, 2-0 Christian, 3-0 Matelo

A Xornada

  • Sábado 10 de Abril, 17:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 28
Boavista (O Vicedo)
U.D. Folgueiro - Sporting Pontenova

Primeira oportunidade para os de Sachas para asegurar definitivamente a permanencia, obxetivo para o que xa só faltan 3 puntos cando quedan 3 partidos por disputar. A cita de hoxe será no difícil campo do Folgueiro, pero o bo papel que están facendo os pontenoveses a domicilio aporta un fío de esperanza para lograr unha victoria no encontro desta tarde e romper a racha de 6 partidos sen gañar, aínda que os 3 últimos remataron en empate e con partidos moi similares, nos que os da Mina foron por diante ata case o final.

  • Sábado 10 de Abril, 17:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 27
A Mina (A Pontenova)
Sporting Pontenova - C.D. San Ciprián

O Sporting estreará en partido oficial a súa condición de Campión de Liga esta tarde no campo da Mina ante o San Ciprián, no que significará para os de Moirón o último encontro da competición, pois descansarán na última xornada coa tranquilidade de deixar os deberes feitos e con sobresaliente. O choque de hoxe será un mero trámite antes de afrontar próximamente a primeira eliminatoria de Copa e despois a ronda inaugural da fase de ascenso, a cita máis esperada por todos.

jueves, 8 de abril de 2010

2ª Autonómica: Repítese a historia en Pol e o Sporting volve a ceder o empate no último minuto (2-2)

Volveu a pasar. Esta vez tocou no Manuel Luna de Pol, cun terreo de xogo en moi malas condicións que condicionou o partido dende o primeiro minuto.
O primeiro tempo transcurriu cunha enorme igualdade e cun toma e daca que provocaba que o balón adivese de área a área e que as oportunidades chegasen para ámbolos bandos. Pero os primeiros en golpear serían os de Miranda, que inauguraron o marcador transformando un penalti máis que dudoso. Poñíase por diante o Pol, pero o Sporting non baixou os brazos e seguiu pelexando por un partido que, no caso de saír derrotado, complicaría moito as cousas para acabar a Liga fóra dos postos perigosos. Con ese solitario tanto rematou o primeiro tempo, no que a nota negativa foi a lesión de Iván, que tivo que ser sustituído.
A segunda parte comezou de maneira positiva para os de Sachas, e ó pouco de comezar Otto puxo a igualada cun gol de vaselina, un gol moi parecido ó que conseguiría Fran minutos máis tarde, culminando a remontada e poñendo por diante ós da Mina. Puído ser máis ampla a ventaxa pois Pablín e sobre todo Puente tiveron dúas oportunidades moi claras para marcar o gol da tranquilidade. Pero algo que por desgracia fíxose habitual nesta liga volveu a ocurrir o pasado domingo. Cando se cumplía o minuto 91 de partido o Pol conseguíu o gol do empate, que á postre sería o resultado definitivo.
Con este punto, ós de Sachas quédanlles só 3 para asegurar a permanencia por primeira vez na Segunda Autonómica. A primeira oportunidade, o vindeiro sábado ás 17:00 horas no campo do Folgueiro.

lunes, 5 de abril de 2010

2ª Autonómica: O Sporting perdoa ante o Parga e perde 2 puntos no último suspiro (1-1)

Os asistentes ó Campo da Mina viviron un "déjà vu" o pasado sábado 28 de Marzo ante o Parga. Nun partido importantísimo para asegurar canto antes a permanencia na categoría, os de Sachas saíron ó céspede moi enchufados e con ganas de resolver canto antes. Principiou o encontro con oportunidades case continuas para os locais, sobre todo unha de Puente nunha xogada na que Javín lle deixa o balón franco para rematar a porta vacía, pero o punta pégalle mal e falla cando o máis fácil era metela. Froito dese empuxe chegou o primeiro gol, obra de Javín, máximo goleador do equipo, que resolveu unha xogada cunha gran vaselina ante a que nada puido facer o porteiro. Tivo algunha ocasión máis o dianteiro de Trabada para sentenciar o partido, pero a mala sorte nunhas e a mala puntería noutras non lle permitiron aumentar a súa conta. Tamén Puente tivo outra boa oportunidade, pero o seu globo foise por pouco. Co solitario gol pontenovés fóronse ó descanso.
O segundo tempo comezou coa sensación de que o Parga comezaba a gañar terreo, e os fantasmas de outros partidos empezaron a rondar pola Mina. Os de Sachas tiveron algunha ocasión para marcar o da tranquilidade, pero o gol non chegaba e os visitantes pouco a pouco se foron facendo co control e comezaron a rondar asiduamente a meta de Juanki. E o peor ocurriu cando máis doe, no desconto, e os da Terra Chá acabaron levándose un punto da Mina nun partido no que puideron saír goleados, sobre todo no primeiro tempo, pero os gualdinegros acabaron cedendo outra vez nos últimos minutos, algo que por desgracia pasou moitas veces esta temporada.
Con este empate o Sporting segue sen ter asegurada a permanencia, polo que o partido ante o Pol será a primeira final para chegar ás 2 últimas xornadas con máis tranquilidade.

Aut. Xuvenil: Derrota ante o Foz en Liga (2-0) e ante o Celanova por penalties no torneo "Sarria no Camiño"

O Sporting Pontenova xuvenil caeu fai unha semana no seu encontro disputado ante o Foz, no partido no que os de Moirón estreaban a súa condición de campións de Liga. A gran cantidade de baixas coa que chegaba ó choque o conxunto pontenovés foi un duro lastre dende o primeiro minuto, ademáis de estar enfronte o segundo clasificado que, probablemente, sexa o acompañante do Sporting na fase de ascenso á Liga Galega, na que os focenses deberán disputar a fase previa. O encontro finalizou cun 2-0 que reflexou a superioridade roxiblanca no céspede, ante un Pontenova mermado que acusou a relaxación logo de conseguir o campionato.
O outro partido, correspondente ó torneo "Sarria no Camiño", disputouse o pasado sábado no campo da Ribela, na localidade lucense. O rival foi o Sporting Celanova logo de que o equipo que iba enfrontarse ós de Moirón nun principio, A Seca de Pontevedra, non puidese acudir. Foi un encontro intenso, no que a pesar de ser amistoso os dous equipos saíron a pola victoria e brindáronlle ós asistentes un choque vibrante e cheo de goles. Os 90 minutos acabaron con empate a 4, con goles para o Sporting de Matelo e Turbo, ambos por partida doble. Nos penalties impúxose o Celanova por 4 goles a 2, polo que os de Moirón finalizaron a súa participación no torneo xa nas semifinais.

sábado, 3 de abril de 2010

Resultados

Domingo 4 de Abril, 16:30 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 16 (Aplazado)
Manuel Luna (Pol)
S.D. Pol 2 - 2 Sporting Pontenova
Goles: 1-1 Otto, 1-2 Fran


Sábado 3 de Abril, 17:00 h.

Torneo "Sarria no Camiño"
Semifinal
A Ribela (Sarria)
Sporting Celanova 4 - 4 Sporting Pontenova
Penalties: Sporting Celanova 4 - 2 Sporting Pontenova
Goles: Matelo (2) e Turbo (2)