viernes, 30 de enero de 2009

A Federación Galega decide suspender esta xornada debido ao mal tempo


A Federación Galega de Fútbol emitiu esta tarde o seguinte comunicado co fin de informar aos clubes de 1ª, 2ª e 3ª Autonómica que os encontros desta xornada quedaban suspendidos por mor do temporal:


"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións.

Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida.

Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas.


Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL "


O enlace para o comunicado oficial é o seguinte:

miércoles, 28 de enero de 2009

3ª Rexional: Boa xornada para o Sporting pese o empate en Ourol (1-1)


O Sporting Pontenova conseguiu un traballado empate no campo do Ourol. Eran moitas as baixas coas que o equipo de Sachas afrontaba este encontro, pero ainda asi, estivo a punto de conseguir a victoria. Un gol de Puente adiantaba os pontenoveses, que a partir de ahi tiveron que pelexar contra varios factores en contra. Por un lado, a actitude do arbitro, que non axudou en nada a parar o xogo duro que estaban a desenvolver os locais. Este foi outro dos factores, pois o Ourol empleouse con moita dureza durante gran parte do partido. Na segunda parte chegaria o empate co que ia finalizar o encontro, asi como a expulsion, mais que discutible, do xogador do Sporting Javi. Ao rematar este produciuse outra gran tangana que acabou sen incidencias destacables.
Este empate, gracias aos resultados dos equipos de adiante, permite ao Sporting Pontenova situarse 4º a solo dous puntos da zona de ascenso. O seguinte partido sera o proximo sabado ante o Terras do Miño, con horario ainda por concretar.

lunes, 26 de enero de 2009

Xuvenil: O Sporting volve á senda das victorias derrotando o Ribadeo (2-0)


O equipo de Moiron volveu a gañar un partido logo de duas xornadas, e conseguiuno o vencer o Ribadeo por 2 goles a 0 na Mina. O Sporting chegaba a este encontro coa necesidade de gañar para non perder a estela de Foz e Sagrado Corazon, os dous equipos que o preceden na clasificacion. O partido comezou con dominio local, que chegaba con continuidade e con certo perigo a porteria ribadense, ata que Matelo, logo dun precioso pase de tacon de Picota, lograse o primeiro gol cunha gran volea que se colou pola escadra. Asi chegariase ao descanso. A segunda parte comezou como a primeira, e con varias oportunidades por parte dos locais. Ainda asi, o Ribadeo puido empatar, pero Xoel realizou unha gran parada desviando un balon que xa se cantaba como gol. Cristian, Matelo e sobre todo Jorge, nunha clara ocasion, tiveron oportunidades para ampliar a vantaxe, e seria este ultimo quen conseguise o segundo logo dun rexeite dun tiro realizado por el mesmo. Co partido casi sentenciado, o control seguirono levando os locais, e Picota ou Antonio, cun perfecto dereitazo que se estrelou no largueiro, puideron aumentar o marcador.
Despois deste partido, o Sporting Pontenova segue de 3º empatando a puntos co Foz, 2º clasificado. A seguinte xornada o rival sera o Iberia, penultimo na taboa, nun partido que se necesita gañar pois noutro dos partidos do fin de semana enfrontanse entre eles Sagrado Corazon e Foz, e unha victoria pontenovesa apretaria ainda mais a cabeza da clasificacion.

martes, 20 de enero de 2009

Xuvenil: Empate sen goles no campo do San Ciprian

Os xuveniles do Sporting Pontenova sumaron, por primeira vez na temporada, o segundo partido consecutivo sen gañar. Foi nun campo moi complicado, o do San Ciprian, cuarto clasificado e que ainda non deixara escapar ningun punto xogando como local. O partido, a pesar de rematar co 0-0 inicial, foi moi disputado, con dous equipos con moitas ganas de agradar e de non perder a estela do Foz e do Sagrado Corazon. O control do xogo pertenceu maioritariamente os locais, ainda que o equipo de Moiron, a pesar de ter baixas como a de Christian ou a de Hugo Leivas, tivo opcions de levarse a victoria, sobre todo cunha ocasion de Jorge Moiron moi preto de finalizar o partido, que encarou o porteiro do San Ciprian pero non foi capaz de superalo.

3ª Autonómica: O Sporting Pontenova vence e acercase o ascenso (4-0)

O Sporting Pontenova acada unha nova victoria no campo de A Mina tras impoñerse por catro goles a cero o Roupar en un partido no que na primeira parte o Sporting lograría un gol tras unha falta lanzada por Fran. Na segunda parte chegarían tres goles dous obra de Javi e un de Carlos. Destacar a gran cantidade de ocasións de gol por parte do Sporting. O Sporting pontenova colócase así a dous puntos do ascenso.

lunes, 12 de enero de 2009

3ª Autonomica: Nova victoria a domicilio ante o Celta Barreiros (0-1)

Un gol de Maqueto de penalty permitiulle ao Sporting Pontenova facerse coa victoria no partido disputado esta tarde no campo do Celta Barreiros. Este triunfo fai que o equipo de Sachas siga unha semana mais na estela dos conxuntos situados na zona de ascenso.
Aparte da victoria neste partido, produciuse outra boa noticia na plantilla, xa que se incorporou Pablin despois de media temporada ausente. Esta sera a 5ª temporada do xogador no Sporting.

sábado, 10 de enero de 2009

Xuvenil: O Sporting sufre a primeira derrota da temporada ante o Pol (2-3)

O Pol, hoxe entrenado por Miranda, ex-entrenador do Sporting, foi o primeiro equipo capaz de impoñerse aos xuveniles do Sporting Pontenova, que chegou ao descanso cunha ventaxa de 2-0 pero que non soupo conservar na segunda parte, donde viu como os visitantes remontaban gracias a 3 goles. Con este resultado, o equipo de Moirón non abandona o segundo posto, pero dependendo dos resultados pode ver reducida a distancia co terceiro clasificado, o Foz, e distanciarse aínda máis do líder, o Sagrado Corazón.

miércoles, 7 de enero de 2009

Amistoso: Empate ante o Mondoñedo Ciudad (3-3)

O partido amistoso disputado o pasado fin de semana rematou cun empate entre dous equipos que utilizaron o partido para facer probas, comprobar o estado de forma despois das festas de Nadal e darlle minutos ós xogadores menos utilizados. Pronto chegaría o primeiro gol, logo dun penalty bastante discutido que transformaría Moirón enganando o gardameta visitante. Pouco despois chegaría o empate cun tiro dende fóra da área que entrou logo de botar diante do porteiro, o xuvenil Xoel nesta ocasión. E antes do descanso, o 2-1, obra de Iván que, con gran axuda do porteiro mindoniense, introduciu o balón na portería logo de que a este se lle escurrise por debaixo do corpo. Así chegaríase ao intermedio. O segundo tempo principiaría con moitos cambios no bando local, xa que Sachas quixo dar minutos á maioría da plantilla e aproveitar para dar descanso á xente con máis carga de partidos. Logo chegaron os goles, o primeiro o empate do Mondoñedo e seguidamente o Sporting volveríase a adiantar no marcador cun golazo do xuvenil Antonio. Así ata que, quedando pouco para o final, o equipo visitante conseguiu o empate cun gran gol de vaselina.
Así remataría un partido con pouca historia, aunque con goles, que servíu para coller forma de cara ao inicio da segunda volta o fin de semana próximo, en Barreiros ante o Celta. Tamén se puido ver na Mina a un vello coñecido da afición pontenovesa, o mindoniense Noly, un dos mellores xogadores que pasou polo Sporting e que vivíu a época dourada do clube, cando militou en 3ª división fai agora 8 anos.