miércoles, 30 de diciembre de 2009

Amistoso: Xuveniles e ex-xuveniles disputaron un encontro no que reinou o bon ambiente

A actual plantilla do Sporting Pontenova xuvenil enfrontouse o pasado sábado a un combinado dos xogadores que xogaron no equipo dende que Moirón está á fronte, dende 2007. O resultado neste caso era o de menos, e o 4-2 a favor do Sporting 09/10 foi unha simple anécdota. No campo reencontráronse con vellos compañeiros como Álex, Jorge Moirón, Manu, Joel, Wino, Muso... que foron un gran rival e incluso se chegaron a adiantar no marcador, pero ó final, e con gol de Xoel de penalty incluído, acabáronse impoñendo os actuais líderes da súa categoría. O encontro serviu principalmente para disfrutar e recordar vellos tempos para aqueles que hoxe en día xa non xogan ó fútbol, e para contar anécdotas dos anos anteriores na cea que se celebrou despois do partido. O bon ambiente que reinou fará que este acontecemento seguramente se repita nos seguintes anos.

jueves, 24 de diciembre de 2009

Bo Nadal e Feliz Aninovo!!

miércoles, 23 de diciembre de 2009

Amistoso de Nadal: Sporting Pontenova xuvenil - Ex-xogadores Sporting xuvenil



martes, 22 de diciembre de 2009

2ª Autonómica: Un Sporting sin pegada non pode co Galdo a pesar de facer un bo partido (0-0)

O pasado domingo recibía o Sporting na Mina ó Galdo, equipo da parte alta da táboa, nunha tarde fría que se presentaba complicada para os de Sachas. Pouco ambiente nas gradas, o que non axudaba a entrar en calor nin ós xogadores nin ós poucos aficionados, pero o bo xogo dos pontenoveses co paso dos minutos axudou un pouco a levantar os ánimos. Sobre o papel tiña que ser o equipo visitante o que levara o control do partido, pero no campo as cousas non son como pintan e o Sporting fíxose dono e señor do partido case dende o primeiro minuto e chegando con perigo continuo á meta viveirense, sobre todo polas bandas de Iván e Fran. Ambos tiveron oportunidades para abrir o marcador, pero nuns casos o porteiro e noutros a falta de puntería deixaban sen premio ós da Mina. As oportunidades máis claras neste primeiro tempo foron con remates de cabeza. Un por parte de Maqueto á saída dun córner, que se foi fóra por pouco, e outra con un centro dende a banda dereita no que Puente non calcula ben os tempos do salto e acaba rematando moi desviado. A pesar das ocasións, ó descanso chegouse co 0-0 inicial.
Os precendetes para o segundo tempo non eran nada bos, pois a relaxación nas segundas partes xogáralle malas pasadas ó Sporting en partidos anteriores. Pero non ocurriu o domingo. Mentres o rival só inquietaba con accións aisladas, os de Sachas seguiron practicando un fútbol que, sen ser bonito, era práctico e as ocasións seguíronse producindo. A primeira neste período chegou nunha falta dende 30 metro botada por Manu, na que no seu intento de centrar case marca despois de que ninguén tocase o balón. O mesmo xogador tería minutos despois outra boa ocasión nun remate de cabeza que se foi por moi pouco á dereita do gardameta. O máis activo neste segundo tempo foi Javi, que contou ata con tres oportunidades, a máis clara nun centro dende a banda esquerda que remata fóra cando xa se cantaba o gol na Mina. Fran e Carlos tamén puideron abrir a conta goleadora, pero ó final o marcador non se moveu e o encontro finalizou con empate sen goles. A pesar do punto logrado, o Sporting rematou o partido con boas sensacións polo xogo realizado ante un dos mellores equipos da categoría.
Con este empate, os de Sachas sitúanse no posto 12º con 18 puntos, a só 4 do Alfoz, 8º clasificado. O límite cos postos perigosos márcao o Parga, que está 14º con 12 puntos. Despois do parón de Nadal, que durará 3 semanas, comezará a segunda volta para o Sporting, que para empezar visitarán a un rival moi duro, o Pol de Miranda.

Aut. Xuvenil: Os xuveniles despiden o ano cunha goleada a domicilio ante o Pol (0-3)

Importante victoria a que logrou o Sporting Pontenova xuvenil no Manuel Luna. O partido disputouse o pasado domingo pola mañá baixo un intenso frío e cun campo totalmente xeado, ademáis de estar moi irregular.
A pesar do frío e do estado do terreo de xogo os rapaces de Moirón desplegaron un fútbol vistoso ante o que nada puido facer o conxunto local, que tivo na súa primeira xogada a mellor ocasión da que dispuxo en todo o partido, nun man a man que Xoel solventou perfectamente. A partir diso, o Sporting encerrounos no seu campo e só conseguiron pasar do medio con algún despexe dende a defensa. Os pontenoveses dedicáronse a tocar o balón polas bandas, que era onde mellor estaba o campo dentro do que cabe, tirando paredes e desbordando con facilidade ós laterais. O primeiro gol chegou a balón parado, cunha falta directa executada por Turbo cun tiro seco e na que puido facer bastante máis o porteiro. Precisamente este xogador volvía a Pol logo de abandonar ese equipo este verán rumbo á Pontenova. O segundo tanto veu logo dunha fermosa xogada na que participaron Antón, Tontxu, Turbo e Christian, que centrou raso para que Antón rematase en boca de gol. A sentencia chegou pouco antes do remate do primeiro tempo cun pase de Arango por encima dos centrais, entre os que se colou Matelo para definir por alto ante o gardameta. Así se chegou ó descanso.
Na segunda parte o guión non cambiou e os visitantes continuaron dominando por completo o balón, aínda que non lograron materializar ningunha das múltiples oportunidades das que dispuxeron, polo que o marcador non se moveu e rematou co 0-3.
Con este triunfo os pontenoveses manteñen o liderato con 5 puntos de distancia sobre o Foz e 7 sobre o Sagrado Corazón, que visitará a Mina dentro de 3 semanas logo do parón de Nadal. Agradecer de novo o apoio das numerosas persoas que, a pesar do horario e do tempo, acompañaron ó equipo neste desplazamento.

Crónica enviada por Sergio Arango.

domingo, 20 de diciembre de 2009

Resultados

Domingo 20 de Decembro, 11.30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 16
Manuel Luna (Pol)
S.D. Pol 0 - 3 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Turbo, 0-2 Antón, 0-3 Matelo

Domingo 20 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 15
Campo de A Mina
Sporting Pontenova 0 - 0 Novas Raíces de Galdo

viernes, 18 de diciembre de 2009

A xornada

  • Domingo 20 de Decembro, 11.30 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 16
Manuel Luna (Pol)
S.D. Pol - Sporting Pontenova

Comezan os campións de inverno a segunda volta nun campo moi complicado, o Manuel Luna, ante un rival sempre difícil, o Pol, a pesar de que este ano non están tan arriba como de costumbre. Os de Moirón intentarán despedir o ano con unha nova victoria que os arme de moral para afrontar a segunda parte da temporada na que deberán confirmarse como o mellor equipo da categroría.

  • Domingo 20 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 15
Campo de A Mina
Sporting Pontenova - Novas Raíces de Galdo

Logo de non pasar do empate a pasada semana ante o San Ciprián, os de Sachas intentarán despedir o ano e a primeira volta cunha victoria na Mina que lles permita situarse na primeira metade da táboa. Enfronte, un rival moi complicado que se atopa no 4º posto e nun bo estado de forma, o Novas Raíces. O partido disputaráse o domingo día 20, ás 4 da tarde no Campo da Mina.

martes, 15 de diciembre de 2009

2ª Autonómica: O Sporting non pasa do empate sen goles no campo do San Ciprián

O pasado sábado visitaba o Sporting Pontenova a cancha do colista, o San Ciprián. As baixas volveron a condicionar o once de Sachas, que tivo que convocar a tres xogadores do equipo xuvenil, que descansaba este fin de semana. Christian e Tontxu participaron no encontro, sendo dous dos destacados na segunda parte. Xoel viu todo o partido dende o banquillo. Foi un choque donde os da Mina puideron levarse os 3 puntos en varias ocasións moi claras, pero nuns casos a falta de puntería e noutros a escasa fortuna provocaron que o marcador dos pontenoveses quedara a 0. Maqueto e Iván tiveron oportunidades moi claras no primeiro tempo para inaugurar o contador, pero non era o día, xa que tampouco Puente ou Javi foron capaces de perforar a portería local. Na segunda parte a ocasión máis clara foi unha falta botada por Manu que se estrelou contra o largueiro cando xa se cantaba o gol, pero tamén houbo máis xogadas de perigo por parte do Sporting que ó final vería como se marchaba do partido con un só punto que sabe a pouco, tendo en conta tamén que o San Ciprián xogou con 10 moitos minutos e con 9 dende o 45 da segunda parte.
Con este empate os de Sachas quedan no posto 12º con 17 puntos en 14 partidos, a 2 de distancia do Luis Pimentel, 11º, e tamén a 2 do Mondoñedo, 13º. O Candelaria marca o límite coa zona peligrosa, quedando xa a 5 puntos de distancia. Por outra parte, as plazas de ascenso quedan un pouco máis lonxe, concretamente a 9 puntos. O seguinte partido será na Mina o próximo domingo ás 4 da tarde ante o Novas Raíces de Galdo.

sábado, 12 de diciembre de 2009

Resultados

Sábado 12 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 14
A Veiga (San Ciprián)
C.D. San Ciprián 0 - 0 Sporting Pontenova

viernes, 11 de diciembre de 2009

A xornada

  • Sábado 12 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 14
A Veiga (San Ciprián)
C.D. San Ciprián - Sporting Pontenova

Visita o Sporting ó colista da categoría, o San Ciprián. Logo da derrota do pasado sábado ante o Folgueiro, os de Sachas buscarán volver á boa senda e seguir afastándose dos postos de descenso, que na actualidade quedan a 7 puntos. O rival, que só gañou un partido no que vai de liga e que conta con 4 puntos no seu casilleiro, intentará saír do pozo no que se encontra dende o principio da competición. O partido será o mañá sábado, día 12, ás 4 da tarde no campo de A Veiga, en San Ciprián.
Por outra parte, os xuveniles descansarán esta xornada, polo que o seguinte encontro non será ata dentro dunha semana, en Pol, arrancando alí a segunda volta.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

2ª Autonómica: O Folgueiro frena a boa racha do Sporting vencendo na Mina (1-2)

A tarde desapacible e o pouco público presente na Mina parecían presaxiar un partido pouco favorable para os pontenoveses. Enfronte estaba o Folgueiro, situado no vagón de cabeza da competición e que dende o primeiro minuto deu a sensación de ser un equipo forte.
O partido comezou igualado, cun Sporting que buscaba facer da Mina un fortín, pois está sendo o seu punto débil esta campaña. Parecía que os de Sachas controlaban o balón pero os visitantes, cada vez que aparecían, poñían en serios apretos ós locais. Foi o Folgueiro o primeiro en golpear. Saque de esquina dende a banda dereita, o balón colgado vaise pechando e cólase na portería de Juanki por toda a escadra, logo de petar no pau. Un dos goles máis fermosos que se recordan na Mina, pois o golpeo do xogador viveirense foi perfecto e o balón entrou limpamente polo segundo pau. Logo do gol o Sporting tivo algunha boa ocasión para empatar. Maqueto e Fran estiveron moi cerca pero foi Javi, a escasos minutos do descanso, quen puxo as táblas no marcador. O dianteiro pontenovés cazou un rexeite no borde da área e batiu o porteiro rival de vaselina e cunha pizca de fortuna. Puidéronse adiantar pouco despois os visitantes de novo nunha falta lateral que sacou o mesmo xogador que conseguira o gol, e cun tiro exactamente igual pero que nesta ocasión se foi ó pau. O gol de Javi serviu para marchar ó descanso con boas sensacións logo dunha primeira parte moi correcta.
O segundo tempo comezou co hándicap de xogar en contra do aire, xa que na primeira metade non puideron aproveitar o feito de contar con él a favor. Os segundos 45 minutos foron moi disputados, pois ambos equipos necesitaban a victoria e saíron a por ela dende o principio. Calquera dos dous conxuntos tiveron oportunidades, algunha moi boa do Sporting, pero parecía que o balón non quería entrar, e pouco a pouco o Folgueiro parecía estirarse e comezou a poñer en serios apuros ós da Mina. Ata que, a 10 minutos do final, conseguiron o definitivo 1-2 nun despiste da zaga pontenovesa e de Juanki. Con ese resultado chegou o pitido final.
Logo desta derrota os de Sachas ven frenado o seu ascenso e quédanse no posto 11º empatado a puntos co Bonxe, 10º, e co Luis Pimentel, 12º. Os postos perigosos quedan a 6 puntos, mentres que as posicións de privilexio quedan xa un pouco máis lonxe. O seguinte encontro disputaráse a próxima fin de semana, no Campo da Veiga en San Ciprián ante o colista da categoría.

Aut. Xuvenil: Nova victoria en San Ciprián (1-3) e campións de inverno

Partido fácil o que disputou o Sporting Pontenova xuvenil no Campo da Veiga, en San Ciprián. Os de Moirón chegaban con todos os seus xogadores no derradeiro partido da primeira volta, xa que na última xornada serán o equipo que descanse.
A primeira parte estivo marcada polo dominio case total do balón por parte dos visitantes, polo que dispuxeron de numerosas ocasións para marcar. O primeiro gol foi obra de Matelo logo de transformar un penalti cometido sobre Antón. O segundo, obra de Turbo, foi unha das xogadas máis fermosas do partido. Turbo recolle un balón no medio campo e logo de trenzar dúas paredes con Tontxu abre á banda dereita donde Christian lle serve ó punto de penalti un balón raso que o propio Turbo coloca na escadra da portería local. Co 0-2 fóronse ós vestiarios.
Na segunda parte o Sporting continuou co seu fútbol e dominando en todo momento a posesión do esférico. O terceiro tanto chegou mediado o segundo tempo, logo dun gran pase en profundidade de Ayoub para Antón, que bate por baixo ó porteiro do San Ciprián deixando o encontro visto para sentencia. O gol de honra dos locais chegaría a falta de 5 minutos para o remate mediante unha vaselina que superou a Xoel, que se encontraba adiantado. Con resultado de 1-3 rematou un partido controlado de principio a fin polos pontenoveses.
Con esta victoria os da Mina logran manter o liderato do grupo e conseguen de forma matemática o "título" de campións de inverno. A próxima xornada o Sporting Pontenova descansa, polo que o seguinte encontro será dentro de 15 días ante o Pol no Manuel Luna, no que significará o comezo da segunda volta.

sábado, 5 de diciembre de 2009

Resultados

Sábado 5 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 13
Campo de A Mina
Sporting Pontenova 1 - 2 U.D. Folgueiro
Goles: 1-1 Javi

Sábado 5 de Decembro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 14
A Veiga (San Ciprián)
C.D. San Ciprián 1 - 3 Sporting Pontenova
Goles: 0-1 Matelo, 0-2 Turbo, 0-3 Antón

viernes, 4 de diciembre de 2009

A xornada

  • Sábado 5 de Decembro, 16:00 h.
2ª Autonómica, Grupo 6
Xornada 13
Campo de A Mina
Sporting Pontenova - U.D. Folgueiro

Logo da victoria en Parga e de 3 xornadas consecutivas sen perder, buscarán os de Sachas un novo triunfo que os acerque ós postos de arriba, pois o Folgueiro está no 4º posto a só 4 puntos do Sporting Pontenova, 9º clasificado. O encontro disputaráse mañá sábado, ás 4 da tarde na Mina.

  • Sábado 5 de Decembro, 16:00 h.
1ª Autonómica Xuvenil, Grupo 8
Xornada 14
A Veiga (San Ciprián)
C.D. San Ciprián - Sporting Pontenova

Despois de vencer de maneira consecutiva ó Lourenzá e ó Foz, 2º e 3º, o Sporting visita San Ciprián coa intención de seguir collendo distancia con estes equipos. Os de Moirón son virtualmente campións de inverno, polo que logo dos dous triunfos anteriores posiciónanse xa definitivamente como os máximos favoritos ó título de Liga. O partido será mañá sábado no campo de A Veiga, en San Ciprián, ás 4 da tarde.